Especial
« Quen é quen no BNG?

ESQUERDA NACIONALISTA


Xosé Manuel Beiras Torrado

O voceiro nacional do BNG é o home que conseguiu sacar o nacionalismo do anonimato e levalo á primeira forza da oposición. Pero parece que, a teor das últimas sondaxes, ten límite electoral. Parece claro que el será o encargado de encabezar a nova Executiva, malia as protestas do sector máis ortodoxo da UPG. E serao, principalmente, porque non hai unha alternativa inmediata. A súa marxe de manobra para dirixir a "sucesión" e a data en que esta se producirá son temas, nesta altura, quizais máis relevantes.

..........

Alberte X. Rodríguez Feixoo

Secretario nacional de Esquerda Nacionalista, deputado por Lugo e responsable de Alternativas Programáticas na Permanente, é unha das figuras máis criticadas de todo o Bloque.

..........

Encarna Otero Cepeda

Activa candidata a alcaldesa de Santiago e responsable de Relacións Exteriores na Permanente, carrexa no seu lombo o fracaso relativo de non conseguir a alcaldía na retirada de Estévez. No ambiente máis purista da cidade critícanselle algunhas decisións pouco enérxicas e "excesivamente aperturistas".

..........


 FORO
Os debates, as ideas, as estratexias... Aquí hai un espacio para opinar sobre a X Asemblea do BNG e sobre o futuro do nacionalismo.

Vieiros | O nacionalismo 20 anos despois