![]()
|
Pola lingua que nos une O galego exterior que non é tal En Vieiros quixemos aproveitar que estas Letras 2002 estaban dedicadas a Sarmiento para homenaxear e reivindicar todas as zonas de fala galega máis aló das fronteiras administrativas da Comunidade Autónoma. É a mellor ocasión posible para explicar que o que alí se fala non é tal "galego exterior", que é un galego tan "interior" como o falado en Coristanco, o Berbés ou Allariz. O que si é certo é que a problemática da lingua alí é aínda maior que no aquén-raia. Se a perda de falantes no territorio administrativo galego é grave, no Navia-Eo, no Bierzo, nas Portelas e no Xálima a situación é dramática. Cun escaso -ás veces nulo- recoñecemento legal, as dificultades dun neno para medrar en galego son múltiples e quizais insuperables: nin galego nas escolas, nin nos medios de comunicación, nin na Administración, nin situación social favorable. Nos últimos anos parece que rexurdiu con forzas o movemento pola defensa da lingua nestas zonas, sobre todo no Bierzo. Pero o traballo por facer é moito e o camiño da recuperación de falantes, tortuoso. A victoria máis recente foi conseguir trasladar á Real Academia a Vilafranca para oficiar os actos do Día das Letras. Dende aquí só queremos chamar a unha maior colaboración e coñecemento entre os de aquí e os de alá, que somos os mesmos. Que todos estamos sen redimir. Como vive o galego: no Eo-Navia, no Bierzo, nas Portelas e no Val das Ellas. Quen é quen: no Eo-Navia, no Bierzo, nas Portelas e no Val das Ellas. Vieiros Letras 2002 |
|