![]()
|
¿Trebellas ou traballas? Necesariamente X No Día das Letras do 2001 o escritor ourensán Camilo Franco e Vieiros organizamos unha experiencia de literatura en rede en reflexión sobre o que é pornográfico. Dende o día 15 de maio ata o 6 de xuño, os internautas puideron enviar imaxes de pornografía sexual a Vieiros, e nós escolliamos unha que motivase a Camilo Franco para a creación literaria.
Así, todos os días, a partir do 17 de maio Camilo Franco foi escribindo un relato ou un pensamento, non necesariamente erótico, que ía acompañado da imaxe que o inspirou. Agora presentámosvos Necesariamente X como un libro electrónico, que podedes baixar ao voso computador (en formato PDF) e logo imprimilo. Descárgao aquí. Para poder ver os textos hai que ter instalado o programa Acrobat Reader. Vieiros Letras 2002 |
|