Letras 2002


Martin Sarmiento
•  Biografía
•  Axenda
•  Na web

Pola lingua que nos une
•  Concurso
•  Campaña
•  Escolma

Trebellas ou traballas
•  Por un vocabulario sexual galego



O galego no Bierzo

A comunidade lingüística galega do Bierzo estivo historicamente localizada no noroeste comarcal. O lindeiro intercultural do galego vai entre os ríos Cúa e Sil ao seu paso polo Bierzo. En total son uns 19 os concellos galegofalantes, aínda que os situados máis ao leste teñen influencias do chamado asturleonés (casos de Peranzais, Fabeiro, Priaranza, etc). Neste territorio hai sobre 31.000 falantes galegos, aos que lle hai que engadir os 20.000 que viven no concello de Ponferrada, nos pobos de Devesas e Fontesnovas, os barrios de Flores del Sil e A Placa, habitados por poboación inmigrante do Bierzo occidental e por naturais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Da análise interxeracional comentamos que a maior idade dos falantes maior é o uso do galego oral. Hai unha clara fractura xeracional entre os vedraños e a mocidade provocada en parte polo sistema educativo que non tivo en conta o ensino da lingua galega. Sen embargo coa impartición do galego nos colexios, a partir do curso 2001-2002, trátase de fomentar unha importante canle de transmisión idiomática a través dos centros educativos.

Respecto á actitude lingüística cara ao galego, a reivindicación favorece o seu prestixio progresivo. Pero non se pode negar que os vedraños, que sempre o falaron con normalidade, seguen asociándoo cunha lingua que non serve para a promoción social, económica ou educativa. Velaí a "deslealdade lingüística" que se percibe entre os falantes pola perda secular de funcionalidade do galego.

O Bierzo máis occidental amosa unha difícil orografía montañosa, chea de pequenos vales incomunicados aínda que abertos ao Sil, con multitude de aldeas en proceso de despoboación, cun sector agrogandeiro en crise, que favorecen a emigración ás vilas da chaira comarcal (Cacabelos, Vilafranca e Ponferrada). Logo hai unha deslocalización lingüística que esixe formular novas estratexias reivindicativas de regaleguización do Bierzo.


Xabier Lago Mestre
presidente de Fala Ceibe do Bierzo



VieirosLetras 2002
 


O galego exterior
Quen é quen no Bierzo
Como vive o galego no Eo-Navia
Como vive o galego nas Portelas
Como vive o galego no Val das Ellas




Vieiros Bierzo