Letras 2002


Martin Sarmiento
•  Biografía
•  Axenda
•  Na web

Pola lingua que nos une
•  O galego exterior
•  Concurso
•  Campaña

Trebellas ou traballas
•  Por un vocabulario sexual galego









Literatura "exterior"
Escolma de literatura galega alén-raia

Aquí vos presentamos un libriño electrónico que pretende ser unha mostra da literatura das zonas galego-falantes fóra dos límites políticos de Galicia. Queremos demostrar que nestas comarcas o galego utilizouse e segue a utilizarse como rexistro culto e literario.

Nesta "Escolma de literatura galega alén-raia" atoparedes poesía e relatos, fundamentalmente, pero tamén literatura tradicional oral recollida polos pobos e pequenas pezas teatrais.

O noso desexo era dar a coñecer estes textos, que nalgunhas ocasións foron ignorados polos propios historiadores da literatura galega precisamente por formaren parte desa periferia da periferia que é a chamada "Galicia irredenta". Só agardamos que aquí atopedes pequenos tesouriños que non coñeciades. Ou, alomenos, que aprendades tanto como nós aprendemos ao andarmos á procura deles.


Para poder ver os textos hai que ter instalado o programa Acrobat Reader.



VieirosLetras 2002