Letras 2002


Martin Sarmiento
•  Biografía
•  Axenda
•  Na web

Pola lingua que nos une
•  O galego exterior
•  Campaña
•  Escolma

Trebellas ou traballas
•  Por un vocabulario sexual galego



¿E ti que sabes?
Concurso sobre o galego exterior

Xa temos os dez gañadores do concurso sobre o galego exterior. Esta decea foi elixida por concurso entre os máis de cincuenta que acertaron as preguntas que vos propuxemos sobre as zonas galegofalantes fóra do territorio administrativo galego. E agora recibirán na súa casa un libro ("Escolma de poetas bercianos", de Edicións Positivas) e un CD do cantautor berciano Aínda.
Parabéns!!!

Gañadores

Lorena Seijo Pereiro (Oleiros)
Manuel Rodríguez Pérez (Terrassa)
Xosé Senén Carrón Curros (A Coruña)    
Rosa Regueiro Docampo (Vigo)
Román Cerqueiro Landín (Santiago)
Rosario Ruibal (Pontevedra)
Martiño Picallo Fuentes (Cuntis)
Benito H. Lemos (Pontevedra)
Oscar Quiveu Lage (A Coruña)
Miguel Cid Fernández (Santiago)


Estas eran as respostas correctas:

1. Antonio Fernández Morales é un poeta de Cacabelos que publicou en 1861 un libro titulado "Ensayos poéticos en dialecto berciano". Pero... ¿quen era este esquecido autor contemporáneo de Rosalía, Curros e Pondal?
c  Un militar masón.

2. Se o nome real de Mohamed Ali era Cassius Clay, o de Frei Martín Sarmiento era...
b  Pedro José García Balboa.

3. O galego só foi idioma oficial nun concello alén das fronteiras da Comunidade Autónoma de Galicia. ¿Cal?
d  Veiga do Valcarce.

4. Fálase galego en tres pobos no noroeste da provincia de Cáceres: Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trebello, con cadanseu dialecto diferente. ¿Cal é o nome das tres "falas"?
b  Valverdeiro, lagarteiro e mañego.

5. Porqué se fala galego-portugués en Estremadura é unha cuestión ben discutida. Hai moitas hipóteses, pero... ¿cal é a máis aceptada nos últimos tempos?
c  Colonos galegos en tempos de Alfonso IX (séculos XII e XIII).

6. Máis aló do Padornelo todo o mundo sabe o que hai. Pero... ¿que hai un chisco máis acó?
a  As Portelas.

7. O máis coñecido defensor da lingua na parte galega de Zamora é Felipe Lubián, alcalde do Concello de Lubián e mestre, que ademais é...
a  Procurador nas Cortes de Castela e León polo PSOE.

8. ¿Cal destas parroquias non pertence ao Eo-Navia?
c  Alcubilla.

9. Un destes escritores homenaxeados no Día das Letras naceu no Eo-Navia... ¿cal?
c  Armando Cotarelo Valledor.

10. ¿Cal destas asociacións non é eo naviega?
d  Teixo de Cabrantes.




VieirosLetras 2002
 



Escolma de poesía berciana en lingua galega
Interesante selección de textos poéticos de autores bercianos realizada por Henrique Costas, o principal estudioso do galego exterior e por Concepción Álvarez Pousa. Inclúe poemas de Antonio Fernández Morales, Isidoro Andrés Ovalle, Francisco de Llano e Ovalle, Xosé Bálgoma e Alberto González Alegre. Publicado por Edicións Positivas.



Aínda
O cantautor berciano Aínda publicou en 2001 o seu primeiro e único disco, titulado 'Pájaros en la cabeza', no que inclúe tres cancións en galego e no que colaboran músicos como Anxo Pintos ou Uxía.