Letras 2002


Martin Sarmiento
•  Biografía
•  Axenda
•  Na web

Pola lingua que nos une
•  O galego exterior
•  Concurso
•  Escolma

Trebellas ou traballas
•  Por un vocabulario sexual galego



Un libro unha palabra
Campaña de doazóns de libros

Nas zonas de fala galega das comunidades autónomas de Asturias, Castela e León e Estremadura, poucos son os recursos que se poden destinar á promoción do libro na nosa lingua.

As reivindicacións lingüísticas e culturais foron sempre impulsadas polo labor e os aforros de asociacións e de particulares, e careceron en boa parte do apoio económico das institucións galegas e propias.

Por iso cremos este Día das Letras é unha inmellorable ocasión para darlles o máis prezado que nós temos: os libros. Vieiros encargouse de coordinar esta campaña de recollida de libros en galego, con destino ás bibliotecas escolares e públicas das zonas de fala galega de Asturias, O Bierzo, As Portelas e o Xálima. Nela participaron boa parte das editoriais galegas, ás que, no noso nome e na dos beneficiados, queremos amosarlles un fondo agradecemento.


Foron estas as editoriais colaboradoras:

Atlántica de Información e Comunicación de Galicia. Doou 12 coleccións de Tempos Novos.
Edicións Positivas. Ademais de colaborar asiduamente coas asociacións promotoras, con esta ocasión doou dúas caixas de libros.
Kalandraka. Colaboradores habituais das asociacións promotoras, con esta ocasión doa dúas caixas de libros para as primeiras idades.
A Nosa Terra. Envía dúas caixas de libros infantís.
Xerais. Teñen cooperado con Fala Ceibe para a organización dun certame literario. Pensando nas outras zonas de fala galega, doa nesta ocasión dúas caixas máis de libros.
Galaxia. Unha selección duns 50 libros de literatura infantil e xuvenil.
Sotelo Blanco. Doa unha caixa de libros.
Espiral Maior. Envía nha caixa de libros, entre os que se atopan algúns de didáctica.
Do Cumio. Doa varios diccionarios de lingua e libros de literatura infantil.
Do Castro. Envía unha caixa de libros.





VieirosLetras 2002