Letras 2002


Martin Sarmiento
•  Biografía
•  Na web

Pola lingua que nos une
•  O galego exterior
•  Concurso
•  Campaña
•  Escolma

Trebellas ou traballas
•  Por un vocabulario sexual galego



Axenda no mundo

Euskadi

A Facultade de Filoloxía e Xeografía e Historia da Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea, desenvolve entre o 13 e o 17 de maio, a Semana das Letras Galegas.

Luns 13 de maio
    Exposición Bibliográfica sobre a Ilustración en Galicia, na Biblioteca Koldo Mitxelena da Facultade de Filoloxía e Xeografía e Historia. A partir das 11.30 horas.
    Ao mediodía, Gonzalo Navaza (Universidade de Vigo) pronuncia unha conferencia baixo o título "Galicia e o galego na época dos Austrias".

Martes 14 de maio
    Conferencia sobre Sarmiento e os estudios de onomástica, a cargo de Gonzalo Navaza, ás 12:00 horas.

Mércores 15 de maio
    Conferencia sobre a Ilustración en Galicia, a cargo de Xosé Mª Dobarro, da Universidade da Coruña. A partir das 12:00 horas.

Xoves 16 de maio
    Conferencia de Xosé Mª Dobarro, sobre "Sarmiento e a literatura popular".

Venres 17 de maio
    Recital de poesía galega a cargo do grupo Xuxurlak, cos rapsodas Pilar Corcuera e Txiki Tostado, e a música de Víctor Gutiérrez. A partir do mediodía.
    Ás 13:30 horas terá lugar unha presentación e degustación de viños e queixos de Galicia.
    Neste día pecha tamén o prazo de entrega do V Certame Literario Galicia en Euskadi, que será fallado o 31 de maio.


Andorra

A profesora Aurora Marco imparte unha conferencia sobre Frei Martín Sarmiento, o sábado 18 de maio, na Casa de Galicia de Andorra. Ao día seguinte, hai previsto un concerto de música tradicional galega.


Barcelona

A Secció de Filologies Gallega i Portuguesa da Universitat de Barcelona (UB) vén desenvolvendo durante todo o mes de maio unha intensa actividade cultural en terras catalanas.

Mércores 15 de maio
    Representación teatral da obra Estrema, de Raúl Dans, a cargo da Furafollas Agrupación Teatral, dirixida por Anxo Baranga. No auditorio da Facultat de Lletres da UB, ás 15.00 horas.

Xoves 16 de maio
    Teatro radiofónico: A aposta do farroupeiro. Conto galego de Rosalía de Castro, por Augateba, grupo de teatro galego da Universitat de Barcelona, dirixido por Camilo F. Valdehorras, no programa Morriña, de Radio Unión Cataluña.

Venres 31 de maio
    Concerto de peche dos cursos de Lingua e Cultura Galegas a cargo do Coro Universitario Galego de Barcelona, dirixido por Paula Fernández Santa-Cruz, na Capela da UB.
    Ademais, nas vitrinas da Biblioteca General da UB pódese contemplar durante todo o mes de maio unha exposición bibliográfica sobre Frei Martín Sarmiento.


Bos Aires

Venres 17 de maio
    A comunidade galega de Bos Aires conmemora o Día das Letras 2002 cunha conferencia sobre Sarmiento a cargo de Humberto Creus Andrade, representante en Arxentina de Caixa Galicia e asesor da Cátedra España da Universidade de Ciencias Empresariais e Sociais (UCES).
    A charla comeza a partir das oito da tarde no Teatro Castelao, na rúa Moreno 2180. Ao remate, actúa o conxunto de música folk do Centro Galicia de Bos Aires. A entrada é gratuita.


Bruxelas

Sábado 25 de maio
    O escritor e xornalista Víctor F. Freixanes protagoniza un acto de celebración das Letras Galegas no Orfeu-Livraría Portuguesa da capital belga, organizado pola asociación cultural Belgaliza.


Italia

Xoves 16 de maio
    O Centro de Estudios Galegos e o Lectorado de Galego da Universidade italiana de Padova preparou, na Sala dei Giganti (palazzo Liviano), unha representación que leva por título "Voci da Finis Terrae. Poesia e musica dalla Galizia".
    O espectáculo consiste nunha sesión de lírica medieval cantada, acompañada de instrumentos musicais da época, seguida da lectura de poesías modernas, desde Rosalía de Castro ata Miro Villar.
    Para orientar aos asistentes ao recital, o Centro editou unha pequena introducción á historia da poesía galega, na que se inclúen os poemas que serán recitados. A entrada é gratuita.


Suecia

Xoves 16 de maio
   A Irmandade Galega de Gotemburgo organiza o 25 de maio un concerto de jazz e unha tertulia, coa colaboración de escritores lusófonos, hispanos e suecos.


VieirosLetras 2002
 


Axenda de Pontevedra e Vilafranca


Outras actividades en Galicia
A Coruña
Burela
Carral
Costa da Morte
Ferrol
Lugo
Ourense
Padrón
Santiago de Compostela
Vigo