Letras 2002


Martin Sarmiento
•  Biografía
•  Na web

Pola lingua que nos une
•  O galego exterior
•  Concurso
•  Campaña
•  Escolma

Trebellas ou traballas
•  Por un vocabulario sexual galego



Axenda

Pontevedra

Pontevedra protagoniza, xunto con Vilafranca do Bierzo, o Día das Letras 2002, pola súa relación con Frei Martín Sarmiento. Así, a cidade do Lérez loce unha completiña axenda cultural, na que participan tanto as institucións implicadas como as asociacións culturais pontevedresas.

Domingo 12 de maio
    A asociación Cultural Santo Cristo de Lérez promove a plantación dunha oliveira no adro do mosteiro.
    A asociación de veciños San Paio de Campaño e a asociación cultural Cedofeita de Lérez organizan un roteiro entre os mosteiros de Lérez e Poio.
    Clausura da exposición didáctica sobre Sarmiento, no Pazo de Mugártegui.
    Na área comercial Zona Monumental desenvólvese un concurso de escaparatismo coa figura de Sarmiento como tema central, ata o 16 de maio.

Martes 14 de maio
    No I.E.S. Frei Martín Sarmiento desenvólvese unha xornada dedicada ao estudio da figura do ilustrado galego.
    O concello de Pontevedra ten previstas, ademais, outras dúas conferencias sobre Sarmiento a cargo de Pilar Allegue e Francisco Carballo, que terán lugar entre os días 14 e 15 de maio.

Venres 17 de maio
    Ás 11.30 horas: os representantes da Real Academia Galega e as autoridades locais fan un roteiro polos lugares de Pontevedra máis vencellados a Frei Martín Sarmiento, a Palma e a rúa Sarmiento. Na primeira está o solar no que se erguía daquela a casa familiar do ilustrado galego, e na rúa que leva o seu nome, hai hoxe un museo dedicado a Sarmiento, noutrora o colexio xesuíta no que estudiaba o homenaxeado.
    Ás 12.30 horas: a RAG celebra a súa sesión extraordinaria plenaria e pública no Teatro Principal de Pontevedra, coa intervención dos académicos Xesús Ferro Ruibal, Alonso Montero e Francisco Díaz Fierros-Viqueira. O presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, clausurará o acto.
    Á parte dos actos institucionais oficiais, a praza da Leña acolle pola mañá un festival presentado por Guisám Seixas, cos seguintes grupos: Quinta Feira, Na Virada e Joám Curiel. Tamén actúan o contacontos Pavís Pavós e Teatro Hermés.
   Doutra banda, algunhas rúas pontevedresas amencerán o Día das Letras cubertas dunha alfombra floral, elaborada pola asociación cultural O Burgo.

Sábado 18 de maio
   A Praza da Verdura é o escenario dunha noite de poesía, organizada pola asociación veciñal Cidade Vella.

Domingo 19 de maio
   A asociación cultural O Burgo ten programada unha romaría popular na Horta de Paz Andrade.

Do 23 ao 25 de maio
   Congreso sobre Frei Martín Sarmiento, organizado pola Consellería de Comunicación Social e Turismo, no auditorio Caixanova de Pontevedra.
   Programa completo
Vilafranca

Logo dos actos na cidade do Lérez, a Real Acadamia Galega trasládase ao Bierzo para celebrar o Día das Letras na vila natal de Sarmiento, hoxe alén das fronteiras administrativas de Galicia. Aos académicos presentes en Pontevedra, únense en Vilafranca Francisco Fernández Rei e Xosé Luís Méndez Ferrín.

Venres 17 de maio
    Como as aulas non se interrompen en Vilafranca, a Comisión Sarmiento 2002 organiza unha xornada escolar dedicada ao Ilustrado galego nos colexios de primaria e secundaria. Asemade, a Comisión presentará dous proxectos para desenvolver ao longo do curso: a creación dunha aula da natureza co nome de Sarmiento e o estudio da lingua galega no Bierzo.
    Ás 17:00 horas: Fala Ceibe entrega os premios escolares que convocou no Bierzo con motivo das Letras Galegas do ano 2002 , na Casa da Cultura.
    Ás 18:00 horas: Debate: O ensino do Galego no Bierzo coa intervención de diversos mestes do Bierzo, na Casa da Cultura.

Sábado 18 de maio
    Ás 12:00 horas: ofrenda floral a Sarmiento na porta da Igrexa de San Francisco. Inauguración e visita á exposición organizada polo Consello da Cultura Galega sobre a figura do Padre Sarmiento na mesma igrexa.
    Ás 12:30 horas: sinatura de convenio entre os presidentes da Xunta de Galicia e o da Junta de Castilla-León, na Casa do Concello de Vilafranca, para a rehabilitación da casa de Frei Martín Sarmiento.
    Ás 13:00 horas: sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega, no Teatro Vilafranquino, coa intervención dos académicos Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Francisco Fernández Rei e Xosé Luís Méndez Ferrín. Pecha o acto o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández.
    O Consello da Cultura Galega inaugura a mostra "O Padre Sarmiento e a Galicia do seu tempo". Ás 16:30 horas, o CCG presenta no Teatro Vilafranquino, o libro Reflexiones literarias para una Biblioteca Real del Padre Sarmiento. Introducción de José Santos Puerto.

Domingo 19 de maio
   A Mesa pola Normalización Lingüística e unha ducia de colectivos sociais e culturais galegos desenvolven unha serie de actos baixo lema "A lingua que nos une".
    Ás 11:00 horas: pasacorredoiras dos grupos galegos Grandián e Roquementroque. Ao remate, celébrase na Praza Maior unha concentración na que se lerá un manifesto.
    Ás 16:30 horas: recital poéticomusical coa actuación dos grupos Ruxe-ruxe, Zënzar e Marisol Manfurada. Diversos escritores galegoas aproveitarán para ler textos propios e de Martín Sarmiento.



VieirosLetras 2002
 


Outras actividades en Galicia
A Coruña
Burela
Carral
Costa da Morte
Ferrol
Lugo
Ourense
Padrón
Santiago de Compostela
Vigo

Día das Letras 2002 no resto do mundo
Euskadi
Andorra
Barcelona
Bos Aires
Bruxelas
Italia
Suecia