Letras2002


A primavera é agora, en Santiago e na Rúa, nas Portelas e no Ellas, en Vilafranca e nas Cíes, do Eo-Navia á Costa da Morte, e en todos os lugares do mundo onde se fala a nosa lingua. Problemática mais tamén vizosa, popular e exquisita, triste ou ardente, dixital ou a esprai, a lingua rexorde onde nós falamos, onde nós escribimos. E iso é medio mundo.
Martin Sarmiento Pola lingua que nos une Trebellas ou traballas
O Día das Letras dedícaselle este ano a Frei Martín Sarmiento, un ilustrado nacido en Vilafranca e que destacou polo seu amor a Galicia: á súa lingua, á súa historia, á súa xeografía e ata ás súas prantas...
Aproveitamos a homenaxe a un berciano para reivindicar o galego que se fala máis aló das fronteiras administrativas galegas, o -mal chamado- "galego exterior". Aquí telo todo sobre o Bierzo, Eo-Navia, As Portelas e o Val das Ellas.
Se prefires trebellar a traballar, axúdanos a construír un vocabulario galego do sexo. Claro que se ti tampouco sabes a diferencia que hai entre estes dous verbos... tes que entrar obrigatoriamente: Sarmiento explicaracha.
Axenda de actos
Sarmiento na web
CONCURSO: Gaña un libro e un CD do Bierzo
CAMPAÑA de doazóns de libros
Escolma de literatura "exterior"
Necesariamente X
Créditos