Vieiros  
En festas


JORNADITAS 2002
Un pouco de todo para unha xornada que promete. A asociación ‘Acudenasbaleas, Elegancia sin límite’, coa colaboración do bar O Cubeiro organiza en Camariñas unha nova edición da festa cun programa diferente. Será o sábado 28 e comeza con actividades lúdico-deportivas, gaitas, foto performances e proxeccións, que darán paso á noite musical na que estarán presentes Lascivos ou a banda local Gremio de Maleantes.


FRENETIC MUSICAL FESTIVAL 2002
Pop e rock danse cita en Betanzos, nun festival que inclúe a grupos como os Carrots ou Sexy Sadie, entre outros de primeira liña no cenario musical de hoxe. O 'Frenetic' será o sábado 28 no recinto feiral Vella Vista. Abre as portas ás 19,00 e comeza ás 20,00 con Ectoplasma.

Ligazóns relacionadas:
Frenetic Festival



FEIRA MULTISECTORIAL FEXDEGA
A Fundación Fexdega organiza a 33º mostra multisectorial no novo pavillón feiral de Vilagarcía. Desenvólvese do 24 ao 29 de setembro e conta cunha mostra de diversos sectores como o artesanal, o institucional, o do fogar e a decoración, o industrial e o comercial, entre outros. A feira, que se celebra desde 1967, presénta a nova edición como ‘O eixo de tódalas miradas’. Alfredo Peris Gil, Jesús Pérez Colmenero e Juan Rodríguez, inventores, expoñen as súas últimas innovacións.

Ligazóns relacionadas:
Fexdega


ROTEIRO POLAS TERRAS DE LEMOS
O roteiro cultural comezará no Saviñao, ao pé do río Miño. Durante as tres xornadas, percorrerá Mourelo, pasará pola igrexa románica de Diomondi, a Vía Romana e Belesar, en Chantada. O último día lembrará a derradeira viaxe do Piloto e chegará ata a rocha onde o guerrilleiro foi asasinado.



XXIV SEMANA DE CINE DE AUTOR
Organizado polo Grupo Fotocinematográficos Fonmiñá de Lugo, celébrase a XXIV Semana Internacional de Cine de Autor. Do 22 ao 28 de setembro, o Auditorio municipal e o Caixa Galicia reciben filmes europeos e do mundo adiante distribuídos en ciclos: o mellor do 2001, mulleres ou especial Billy Wilder.

Ligazóns relacionadas:
Programa da Semana


SAN FROILÁN 2002
Achéganse as festas de Lugo, o San Froilán que irrompe no comezo do curso universitario e anima a cidade do 4 ao 12 de outubro. O 5 será o día grande, coincidente coa festividade do patrón, e grande tamén o posterior domingo, o ‘das mozas’. Nesta edición actuarán Alex Ubago, Siniestro Total, Amaral ou La Cabra Mecánica. Entre as últimas contratacións anunciadas, destacan Luar na Lubre, Quempallou, a James Taylor Quartet Band ou Ruper Ordorika, quen fai música tradicional basca. O pregón corre a cargo da escritora María Xosé Queizán.


Ver anteriores

 


CALENDARIO
2008
AGOSTO
L M M X V S D
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031



Vieiros