Enviado por xmpb o día 01.04.2009
Fúcheste espindo, pouco a pouco, e o mundo ficou sen palabras. Enmudeceron os soños e agora só vexo o teu sexo, só vexo o teu corpo. Quente, negro e cheo de todos os praceres.
Porque ti ferves, eu fervo. Porque ti flúes, eu flúo. Porque así, os orgasmos non teñen cancelas, e céibanse moi de vagar entre berros, no silencio. Os meus ollos pecháronse para verte sempre sexual. E as miñas mans só agora, puideron tocarte, apreixarte moi forte, para non deixarte ir de min. Endexamais.
E así, cando se abriron os ollos, o home ou a muller, xa non estaban deitados no leito branco, na man espida, detrás daquela fiestra, ou daquel soño.