Enviado por carapuchinha o día 22.03.2009
Pouco cocido, como a él lle gustaba. De trigo.
Un domingo tras doutro seguía cocendo o pan.
Gardabao, tapado cun pano, na artesa.
Por si algún día volvía para comelo.
Por si algún día volvía, seguía poñendo o mesmo mandilón de cuadros vermellos. O que a él lle gustaba. O que, paseniño, esvaraba polas súas cadeiras, cando, ó calor do forno, as caricias debuxaban de fariña o seu corpo.
Por si algún día volvía para comela.