Enviado por salazar o día 20.03.2009
Gozo cando teño o control. Gústame ter o teu pene entre as miñas mans mentres ti ficas vibrando con cara de querer estoupar. Móvome máis rápido, agora máis lento, sempre mirándote os ollos con crueldade. Doume a volta e obrígote a sentar enriba de min, aínda tremendo de pracer. Dende aquí podo controlar todo o teu corpo coma un monicreque. Será ó meu modo, farémolo ó meu ritmo, apuntando xusto a onde eu quero.
Xa vexo uns fíos viscosos nos meus dedos.
-¿Está ben? - pregunto sen prestar atención á túa resposta.
-Si - case non podes respirar de ledicia.
Pero non son eu quen fala, é o meu ego. E o meu ego quere que te corras agora.