Enviado por A_Conxurada o día 12.03.2009
Ti operas en min como a acción dun fabriqueiro nunha igrexa.
Os teus bicos, son como incesantes chamadas purpúreas ao meu desexo.
Húmida, vulva da túa propiedade.
Eres o coengo da miña igrexa, ela, instalada sempre entre as miñas pernas.
As antípodas do teu falo son o meu afán de ir á procura da aventura de cabalgarte coma unha tola.
Presinareime na quente oración das túas embestidas, confesareime no teu perdón de sátiro.
Murmurei o teu nome en soños, levitei cos orgasmos que me regalaches, perdín a vergoña e deixei de buscar o pudor.
Nunca sufro na túa cama.