Con ises broches alerta na ponte de mando
os teus peitos aboian en abraio
son seres de albedrío real
que me miran ledos cando te ando
vou runfante de meigallo
na voráxine da regata carnal
abaneado en quente no vendaval
en milagre novo me expando
reármome tolo no desmaio
druída no verde a te ferver
viro a billa dona das tuas fontes
son home quén de facer chover
rebulo coa língoa na coviña breve
buraco guá do teu embigo
amenzo en humidades leves
paso adentro a ser o teu amigo