Volver a Vieiros

TESO

Enviado por Eunonsonpessoa o día 13.02.2008

Sentía frías as baldosas do baño mentres quitaba da boca uns poucos pelos da túa becha. De certo amencía e había tempo que intercambiáramos os olores. O sexo comezara no autobús, no que eu simulara durmir, pero no que durante quilómetros ensaiara unha e outra vez penetracións, exaculacións e beliscos, matinando en que hai mulleres cuxas entrañas queiman, e que estas case sempre teñen os beizos fríos. Foi naquel momento cando quixen multiplicarme, converterme en todos os homes que algunha vez te amaron. De certo amencía e eu volvía estar teso.

2,89/5 (66 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede