Gozas, meu amor, cando afundes a túa man na polpa branca e morna dos meus peitos?
Gozas, meu rei, cando debuxo estelas viscosas coa miña lingua sobre a túa pel?
Gozas, meu ben, cando, bébeda de pracer, libo o licor da túa semente na copa da miña boca?
Gozas, miña vida, cando pousas os teus ovos no niño quente da miña parruliña e irrumpes na súa cámara segreda para incubar os teus soños?
Entón, dime, meu ceo, por que me maltratas, por que afías na fragua do teu corazón o gume dese coitelo frío que un día ,quizá, segará a miña vida?