O esforzo inmenso, heroico, de publicar unha editora privada, unha obra como a Enciclopedia Galega Universal merece a atención e o apoio de todos os galegos. A través desta Enciclopedia, imos ver como os feitos da nosa historia, a obra dos nosos artistas, os datos da nosa economía, veñen inxeridos, co seu relevo axeitado, na Historia do Mundo. Os volumes publicados dan fe da seriedade do proxecto e da grandeza dos resultados. Dunha maneira ou doutra, de xeito directo ou indirecto, centos de intelectuais galegos traballan nesta obra que vai dar a imaxe cabeata da presencia de Galicia no mundo.

Basilio Losada |
|