Tódolos diccionarios que se levan publicado deica agora céntranse exclusivamente en Galicia: cultura popular, lingua, arte, historia... Pero para saber algo do palacio de Buckingham ou do matemático Georg Cantor temos que acudir a unha enciclopedia castelá, ou francesa, ou portuguesa, ou outra calquera, pero sempre con tal de que non sexa galega, pola convincente razón de que non existe. Pero esta anómala situación vai durar por pouco tempo, pois segundo pasan os días, así tamén medran as follas da Enciclopedia Galega Universal, que é eso, precisamente: galega e universal.
Canfrós, canfrosa, canfroxeiro, canfugar... Non as busquen en ningún diccionario galego, nin tampouco galego-castelán, unicamente na Enciclopedia Galega Universal, porque, aínda sendo universal, non por iso se esquece de algo tan minoritario, misterioso e descoñecido como é a "verba dos arxinas" e o "barallete", as falas gremiais dos canteiros e dos afiadores.

Clodio González Pérez |
|