Especial
A negra sombra do Prestige
marea negra

Madrid, 23F Páxina 4: fotos da 25 á 32

Mestres de cerimonias. Os actores Víctor Mosqueira e Miguel de Lira presentaron o acto de lectura dos manifestos, en Sol.

Apoio a Nunca Máis. Os actores Luis Tosar e Juan Diego Botto leron un manifesto de apoio á Plataforma Nunca Máis.

Voluntariado. Josep Fábregas, un voluntario catalán, agradeceulle a Galicia todo o apoio recibido na súa estadía en Galicia.

Xentes do mar. A mariscadora de Cabo de Cruz Ester Rivas e o patrón maior do Grove Francisco Iglesias levaron a voz dos productores á tribuna dos discursos.

Globos negros. Durante a lectura dos manifestos ceibáronse diversos globos negros, que portaban bonecos, pancartas e bandeiras.

Amaral. A cantante zaragozana botou unha peza en solidariedade. E modificou a letra para axeitala á protesta contra o Prestige.

Carlos III. A estatua ecuestre de Carlos III elevábase limpiño sobre a cabeza dos manifestantes, a pesar de que algún quixo gavear ata el para poñerlle unha bandeira. Pero foi imposible.

¿Por que a plataforma?. A cantante Uxía explicou qué era a Plataforma Nunca Máis e qué buscaba.

Especial: A negra sombra do Prestige Anteriores (17-24) | Páxina 5: (33-42)