Especial
A negra sombra do Prestige
marea negra

Madrid, 23F Páxina 3: fotos da 17 á 24

Alcalá. A manifestación entraba na rúa Alcalá e había que apertar as filas, co que a marcha se ralentizaba.

Comarcas. De Noia viñan estes manifestantes. Pero toda Galicia, a costa e o interior, estaban alí.

Alcalá. A xente seguía pasando e pasando. ¿100.000? ¿Un millón?

Voluntarios. As fundas brancas empregadas polos voluntarios e voluntarias das costas estaban moi presentes na manifestación. Ás veces limpas, ás veces luxadas de chapapote. O público madrileño achegábase a cheirar o piche.

Cabeceira. A medida que a manifestación se achegaba a Sol, máis difícil era para a cabeceira abrirse paso entre os manifestantes que xa os sobrepasaran polos laterais. O servicio de orde abríalles paso.

Fraga. O presidente da xunta, Manuel Fraga, foi albo de moitas críticas dos manifestantes. Este boneco fora realizado por grupos anarquistas.

Sinalador. O dedo sinalador da culpa apuntou toda a manifestación cara adiante. Richard, de Eclectica Ensemble, fixo todo o percorrido así, levado nunhas andas.

Don Quixote. A creatividade chegou á cabalería. Esta manifestante atacaaba os xigantes coa bandeira de Nunca Máis na pica.

Especial: A negra sombra do Prestige Anteriores (9-16) | Páxina 4: (25-32)