Especial



 FORO
Como cres que será o mundo a partir de agora? Deixa a túa opinión.
Son as dúas caras da mesma moeda, do mesmo sistema económico e social. Uns controlan o mundo e os outros queren cambialo. E reúnense do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro para falar (uns) de como obter máis riqueza e (outros) de como repartir mellor esa riqueza. En ambos os dous casos, a estas dúas xuntanzas acode a vangarda de cada bando.

Ao Foro Económico Mundial asisten milleiros de empresarios, políticos e economistas. No Foro Social Mundial están presentes as principais organizacións de esquerda do mundo, ONGs, sindicatos... Rudolf Giuliani e Chomsky. George Soros e Rigoberta Menchú. O FMI e ATTAC.

Son mundos opostos que se definen pola súa posición con respecto a un concepto tan escorregadizo como a globalización. Para uns é un novo estadio do neoliberalismo, que abre novas posibilidades, novos mercados onde colocar o que produce Occidente. E para os outros significa o "ata aquí chegamos", hai que repensar o mundo, así non nos gusta.

Porto Alegre é a meca teórica do movemento antiglobalización, dos que cren que "um outro mundo é posível". Ademais de posible, é necesario e urxente, sobre todo dende os acontecementos desencadeados polo 11-S.



Informacións:

EEUU e o norte de Europa, líderes en NNTT
No Foro Económico Mundial de Nova York presentouse un estudio realizado pola Universidade de Harvard que pon de manifesto a 'fenda dixital' (digital divide) existente no mundo.

EEUU e o norte de Europa, líderes en NNTT
No Foro Económico Mundial de Nova York presentouse un estudio realizado pola Universidade de Harvard que pon de manifesto a 'fenda dixital' (digital divide) existente no mundo.

Crónica final do FSM, por Ana Miranda
Ana Miranda, que estivo presente no Foro Social Mundial de Porto Alegre, envíanos unha crónica final do que alí aconteceu...

Os fillos de Seattle
Unha análise do segundo foro de Porto Alegre, que podemos ler no Canal Mundo de Vieiros, de man do IGADI.

Reunión de raposos, perdición do galiñeiro
Un poeta galego en Nova York, Francisco Álvarez, Koki, envíanos un interesante artigo sobre o Foro Económico Mundial.

En NY: frouxa autocrítica e proxectos difusos
Coma se a súa responsabilidade directa na situación non fose moita. Así levaron o debate sobre 'pobres e ricos', no foro de Davos estes días...

1 de febreiro no FSM, por Ana Miranda
Ana Miranda cóntanos dende Porto Alegre como foi o segundo día no Foro Social Mundial. Falou con Vázquez Montalván, estivo na conferencia de Chomsky, na de José Bové...

Porto Alegre: así é, así vive
Como é a cidade de Porto Alegre, de que viven os seus habitantes, cal é a súa historia...

O Fórum Social pide xustiza para os mortos do PT
A Fundación Danielle Mitterrand vai axudar nas investigacións dos crimes que remataron coa vida dos prefeitos Celso Daniel, de Santo André, e António da Costa Santos, o Toninho, do Partido dos Trabalhadores (PT), de Campinas.

Porto Alegre triplica a participación
O FSM triplica a participación da edición anterior e comeza cunha gran manifestación pola paz.

Unha crónica da apertura do FSM, por Ana Miranda
Ana Miranda, editora de Vieiros Bruxelas, escríbenos dende Bruxelas unha crónica da apertura do FSM. E cóntanos cousas tan incribles como unha manifestación de 25.000 persoas onde non había policía...

Os manifestantes reciben o Foro Económico
As protestas antiglobalización tamén están sendo fortes en Nova York, sede do Foro Económico. Conferencias, manifestacións estudiantís, concentracións...

Información independente para un cumio alternativo
Ao mesmo tempo que se celebra o FSM, desenvolverase o "I Seminario internacional por unha nova comunicación", para que sexa verdadeiramente democrática e emancipadora.

A antítese: o Fórum Económico de Nova York
A outra cara da moeda, para que o saibas todo sobre o Foro Económico Mundial que este ano ten lugar en Nova York en homenaxe ás víctimas do 11-S.

A presencia galega no FSM
A presencia galega en Porto Alegre é eminentemente nacionalista. Alí estará o BNG, con Beiras e Nogueira á cabeza, a CIG e ADEGA.

Na cidade do orzamento participativo
¿Que é o Fórum Social Mundial? ¿Por que se celebra na cidade brasileira de Porto Alegre? Unha aproximación á historia deste foro e á cidade onde se celebra, que pode fachendear de experiencias de democracia


 WEBS RELACIONADAS
- Foro Social Mundial
- Porto Alegre 2002, para debater na rede
- Fórum Social PanAmazónico, previo ao FSM, tivo lugar do 26 ao 27 de xaneiro
- Le Monde Diplomatique
- ATTAC
.........................
- Foro Económico Mundial
- Fondo Monetario Internacional
- Another World is Possible, oposición en NY contra o Foro Económico

 OPINIÓNS
- Ignacio Ramonet: O consenso de Porto Alegre

 PARA NON PERDERSE NADA
- Indymedia Radio, retransmisión en directo do FSM
- Ciranda, a axencia oficial do FSM
- Retransmisión en directo do Foro Económico
- Indymedia


Ver anterior especial "hai que cambiar o mundo"

Vieiros