|
Pedimos a paz e a palabra
O 11 de setembro cambiaba o mundo. Cos 7.000 mortos e a visión estarrecedora das Torres Xémeas derrubábase algo máis ca unha paisaxe urbana, a bolsa ou a moral dos estadounidenses. Unha nova visión da vida crebaba, e creábase. Cambaleaban as liberdades en nome da seguridade e nas trincheiras da guerra-pantasma todos eramos a un tempo víctimas e inimigos de nós mesmos. Ou non. O pasado quedaba entre os vidros dos rañaceos e a liña do futuro facíase néboa e refuxiábase nas montañas do segundo país máis pobre do mundo, sobre un chan minado.
|
|||||||||||||