Especial
Terror en USA



FORO
Como cres que será o mundo a partir de agora? Deixa a túa opinión.
O 11 de setembro pasou á historia. Para algúns sinala o inicio do século XXI. Para todos, en xeral, unha nova forma de ver o mundo, de entender as relacións entre os pobos, a paz e a guerra.

Dicía o xornalista Ramón Chao, de Radio France Internacional: "O ataque sobre as Torres Xémeas marca un fito na globalización; é un sinal de que isto ten que cambiar, que as cousas non poden ir por onde van". Os setemil mortos en Nova York e Washington non deben repetirse, pero tampouco os milleiros de refuxiados que están a morrer de fame na fronteira afgá. Nesta altura cómpre reivindicar a paz, pero non só. Hai que reivindicar tamén unha estratexia distinta, un cambio nas relacións económicas e políticas entre o Norte e o Sur. É necesaria unha política internacional distinta, liderada pola ONU -ou non: hai que cambiar o mundo.

Para iso, ademais da voz dos políticos, dos economistas, dos sociólogos... necesitamos a voz do ser humano, a voz dos poetas. Eles deixáronnos a súa mensaxe de estupefacción, de medo, de solidariedade. Aquí vos presentamos as súas creacións para un mundo novo, e recollemos tamén as informacións que fomos publicando sobre o atentado e a evolución da crise internacional.



Informacións:

Amnistía quere entrar en Guantánamo
Amnistía Internacional esíxelles aos Estados Unidos que modifique a súa política cos presos talibáns da base de Guantánamo e acusa o goberno estadounidense de crime de guerra por violar a Convención de Xene

Canta xente morre en Afganistán?
As tropas estadounidenses agochan as cifras de mortes civís que provoca a guerra de Afganistán.

Liberdade de prensa para Afganistán?
A liberdade de prensa sitúase como elemento principal nos debate sobre a reconstrucción do Afganistán post-talibán.

Israel rexeita o alto ao fogo
O lume da guerra en Palestina non se apaga, mentres aparecen todos os días máis cadáveres e Israel se resiste ao cesamento dos ataques.

James Petras: Un país de acusóns
Artigo do sociólogo estadounidense James Petras sobre a crise da democracia nos USA de despois do 11 de setembro.

Ghaleb Jaber: ' O Islam é progresista'
O empresario palestino do audiovisual Ghaleb Jaber fala nesta entrevista a Vieiros do conflicto árabe-israelí e do proxecto de montar en Galicia unha televisión sobre o mundo árabe.

Bonn achega o acordo
A conferencia de Bonn está a conseguir un achegamento entre as diversas faccións e grupos afgáns.

Os talibáns entregan Candahar
O exército talibán retírase de Candahar. O mulá Omar e Ben Laden, en paradoiro descoñecido.

Outra Alianza?
A Alianza por un mundo responsable, plural e solidario abre un foro mundial por internet para debater cómo está o mundo tralo 11 de setembro e qué haiq ue facer para cambialo

Manifesto contra a guerra en Pontevedra
Un cento de manifestantes concentráronse na cidade de Pontevedra para protestaren contra a guerra

Máis tropas USA en Afganistán
A guerra atóase no asalto de Cunduz, e as tropas aliadas desembarcan con máis efectivos.

Manifestación nacional contra a guerra
Diversas organizacións sociais e partidos convocan unha manifestación para o día 1 de decembro.

A ONU deseña en Berlín o futuro de Afganistán
O luns comezará unha conferencia de paz en Berlín para chegar a un goberno provisional do Afganistán non-talibán.

Os Estados Unidos, contra o carbuncho ilegal
Os Estados Unidos están planificando unha campaña internacional contra cinco estados, aos que acusan de producir ilegalmente carbuncho: Iraq, Libia...

A xustiza belga chama por Sharon
Os xuíces belgas pretenden xulgar o primeiro ministro israelí Ariel Sharon polas masacres dos campos de Sabra e Xatila, durante a Guerra do Líbano.

Cos ollos postos en Cunduz
Os bombardeos ameazan a caída da cidade de Cunduz, mentres a oposición traza plans para o futuro.

Os que queren a guerra
Mentres as tropas talibanas perden metro a metro, os debates en Europa prodúcense a propósito do envío de tropas: Schröeder ao bordo da crise de goberno

Constitúese a Plataforma contra a Guerra en Ferrolterra
A Plataforma contra a Guerra na comarca de Ferrolterra constituíse e anuncia xa mobilizacións

Liberados os cooperantes retidos en Afganistán
O repregamento dos talibáns obriga a liberación de cooperantes retidos.

Jalalabad? Candahar?
Os talibáns abandonan Jalalabad e comézase a falar da caída de Candahar.

Amnistía protesta contra a Alianza do Norte
A entrada da Alianza do Norte en Cabul provocou executacións en masa, contra as que protesta Amnistía Internacional

Un mísil destrúe a sé de Al-Jazira en Cabul
O local que a cadea de televisión qatariana ten en Cabul foi bombardeado por mísiles estadounidenses.

Cabul, comeza a vida sen os talibáns
As tropas da Alianza do Norte entran na capital oficial do país executando talibáns e recuperan as modas do tempo antigo.

Os talibáns liscan de Cabul
As forzas da Alianza do Norte, malia as advertencias do presidente Bush, entraron na capital afgá e fixeron fuxir os talibáns.

Manifestación na Coruña contra a guerra
A Plataforma Cidadá contra a Guerra organiza unha manifestación na Coruña para o luns 8 de novembro.

A policía colombiana mata un anti-guerra
As forzas da policía colombiana reprimiron unha manifestación contra a guerra en Bogotá e provocaron a morte dun mozo, Carlos Giovanni Blanco.

O medo e o carbuncho
O pánico á solda esténdese polo mundo e aparecen casos (ou posibles casos) en Arxentina, Brasil, Portugal... e ata en Lugo.

Os ataques irán agora por terra
A dirección do conflicto cambia coa entrada por terra de tropas aliadas; en Israel, comandos palestinos asasinan o ministro de Turismo israelí, Zeevi.

Bush non quere negociar
O presidente dos Estados Unidos négase a pactar cos talibáns a entrega de Ben Laden a un país neutral.

Estados Unidos deseña o futuro de Afganistán
As potencias aliadas tentan construír un equilibrio gobernativo sobre as ruínas de Afganistán.

O carbuncho colapsa Estados Unidos
Numerosos casos de carbuncho e positivos en procesos de testaxe sementan o pánico social nos USA, sen que se atopen probas determinantes dunha acción terrorista

Seguen os bombardeos, tamén sobre civís
Continúan os ataques dende o aire do exército estadounidense e británico

Chega a batalla por terra
Os últimos bombardeos parece que deixan paso a un inminente ataque terrestre.

Os talibáns din que derrubaron un avión estadounidense
Os ataques estadounidenses sobre Afganistán provocan as primeiras víctimas recoñecidas polos aliados.

¿Santiago Matamouros obxectivo de Ben Laden?
Un documento de traballo da Cía apunta a que a catedral de Santiago poida ser un obxectivo atacable polos terroristas islámicos.

Aumentan as protestas islamistas contra os Estados Unidos
Paquistán, Indonesia, Palestina... diversos grupos islamistas están na rúa en protesta pola intervención dos Estados Unidos e Gran Bretaña sobre Afganistán.

EEUU e Gran Bretaña atacan Afganistán
Son as sete da tarde. Os ataques das forzas aliadas comezan a caer sobre Cabul

Un poema pola paz, claro
Os poetas galegos mobilízanse pola paz e pola solidariedade.

USA pide novas tecnoloxías armamentísticas
EEUU pide axuda á OTAN en materia de novas tecnoloxías para afrontar as accións armadas.

A OTAN vai adiante mentres Gaza reabre
Bush precúpase pola situación en Oriente Medio, mentres os palestinos matan unha parella de xudeus e o exército israelí asasina sete árabes como represalia. A OTAN decidiu que os atentados do día 11 son motivo de

Paquistán vira ao oeste
Visita de Blair a Paquistán, e anuncio por parte do mesmo de que hai probas suficientes para probar a implicación de Bin Laden nos atentados.

A pantasma do 11 de setembro
O descoñecemento das causas que fixeron que un avión ruso estourase sobre o mar Negro con 77 pasaxeiros provoca as sospeitas dun novo atentado. Tamén podería deberse a isto a explosión da química de Toulouse.

76 mortos ao estourar un avión ruso
Un avión ruso caeu no mar Negro tras sufrir unha explosión durante o seu voo e dubídase sobre as causas.

Manifesto pola paz do SGEP
O Seminario Galego de Educación para a Paz presenta un manifesto pola paz que se pode asinar en liña.

Liberdade duradeira?
O cambio de nome da operación militar supón tamén unha modificación dos seus obxectivos.

Chéirase guerra no ambiente
Bin Laden envía un fax, e os Estados Unidos e a ONU preparan unha guerra con armas químicas

Bin Laden, ¿desaparecido?
O goberno de Cabul di descoñecer o paradoiro de Bin Laden

As dúbidas de Paquistán
Completa información sobre Paquistán, o seu goberno, a oposición islamista...

A guerra está máis preto
Trala renuncia dos talibáns a extraditar a Bin Laden, e o despregamento de forzas estadounidenses, a guerra parece inminente.

Aos Estados Unidos non lles chega
A decisión dos talibáns de pedirlle (pero non esixirlle) a Bin Laden que marche non satisfixo nos Estados Unidos.

Os Nobel da Paz tamén opinan
Unha web recolle opinións de diferentes premios Nóbel sobre o conflicto

Os talibáns fanse de rogar
O mércores, os dirixentes relixiosos talibáns comezan a reunirse para debater qué fan con Bin Laden.

¿Por onde cae Afganistán?
Todos os datos sobre Afganistán, ese duro país misterioso que é o centro do mundo.

Cancións 'inapropiadas'
Unha das principais emisoras de radio estadounidenses censura cancións polos seus contidos violentos ou pacifistas.

Pedindo a paz dende Galicia
Declaración oficial do Seminario Galego de Educación para a Paz

Volta a normalidade á Bolsa
A calma prebélica chegou ás bolsas do mundo.

Estamos en guerra... pero hai que tocar o tambor
Campaña internacional de manifestacións de tamborís para frear a guerra

Isto é a guerra (santa ou non)
Os talibáns chaman á poboación para enfrontar unha guerra santa

Taxiquistán mírase nas Torres Xémeas
Taxiquistán, a república ex-soviética lindeira co Afganistán, está nun difícil equilibrio

Volatilidade do terrorismo transnacional
As novas formas de terrorismo que ameazan o mundo

Nova caída nas bolsas europeas
O martes mantense a caída das bolsas en todo o mundo

Os refuxiados antes có carro
Os afgáns foxen en masa cara ás fronteiras con Irán e Afganistán provocan unha crise de refuxiados

Paquistán vs. Afganistán?
Os prazos de Estados Unidos sitúan a rexión asiática en pé de guerra

Un paso adiante e outro atrás, FBI
As pescudas da policía estadounidense enléanse e non avanzan na mellor dirección

Fortes baixas ante a incerteza do luns
A xornada bolsista do venres 14

¿E que culpa terán eles?
Ataques nos Estados Unidos a propiedades e individuos musulmáns

Fidel Castro: 'Sentimos dor, pero...'
Declaracións do presidente cubano ao respecto do atentado

Guerra, mentiras e vídeos
Polémica sobre o emprego de imaxes falsas nas reportaxes da CNN sobre os palestinos

Amnistía pide xustiza, e non vinganza
O comunicado oficial de Amnistía Internacional

4.763 desparecidos, di Giuliani
As primeiras cifras oficiais de víctimas

A todo hai quen gañe
Mensaxes confusas nas listas dos desaparecidos

¿Estás ben?
As webs cos desaparecidos e os foros de información para os parentes

O camiño de Bin Laden vai por Alemaña
As pescudas do FBI e da policía alemana comezan a atopar pistas sobre o grupo terrorista

A OTAN discute a esencia da guerra
Os debates na Alianza Atlántica a propósito da declaración de guerra

¿Quen é Bin Laden?
Os datos do xeque saudí, principal sospeitoso do atentado.

Han respostar 'como nunha guerra'
As reaccións do presidente Bush e da administración estadounidense

Fraga fala da guerra entre dous mundos
As declaracións do presidente da Xunta a propósito do atentado

¿Que fai a Xunta?
A Xunta non toma medidas en favor dos emigrantes en Nova York e das súas familias

Non hai víctimas galegas (ou iso parece)
Comunicado oficial da Casa da Unidade Galega de Nova York

A rede non foi suficiente
Os medios electrónicos non deron feito nas primeiras horas e xurdiron novas estratexias

O atentado na internet
Cómo se seguiu un atentado en internet

A caída dun símbolo
As Torres Xémeas formaban parte do horizonte de Nova York

A comunidade de galegos á espera
Hai 30.000 galegos e fillos de galegos agardando noticias

A Bolsa derrúbase canda as Torres
O estourido das bombas provocou un terremoto económico

'O máis probable é que os galegos estean ben'
Entrevista a Teba Cespón, vicepresidenta da Casa Unidade Galega, tres horas despois do atentado.

Como foi o atentado
Os acontecementos da mañá do 11 de setembro, paso a paso.


 AS WEBS

- A Casa Branca
- O FBI
- A OTAN
- A Autoridade Nacional Palestina
- O Goberno de Israel
- A ONU
- ACNUR
- Oxfam Internacional
- O IGADI
- Seminario Galego de Educación para a Paz
- A CNN, a BBC e o Jerusalem Post
- Información sobre Afganistán
- Información sobre Pakistán
- As webs do atentado

 AS OPINIÓNS

- Fermín Bouza: ¿A fin dun mundo?
- Xulio Ríos: Isto é a fin da posguerra fría
- Julio Jorge Urbina: 'Non sen a ONU'
- Manuel Dios: 'Tambores de guerra'
- Victorino Pérez Prieto: 'A espiral do Talión'
- Robert Fisk: 'Máis caro có Vietnam'
- Emilio Martínez Rivas: O camiño non é a guerra.

 AS IMAXES

Estas fotos deron a volta o mundo. Quedarán para marcar o inicio dunha época.
Ademais, todos os videos dos atentados e dos días posteriores, tirados da ABC.
E o flash do atentado, tirado de El País.

 O DÍA DESPOIS

O que dicía a prensa o día 12 de setembro.



Vieiros